top of page

Comezamos a nosa ruta na praia de Mañons, un lugar fermoso, e perfecto para acudir con toda a familia para disfrutar dun gran día de praia. 

Nesta praia, tamén podemos atopar un asteleiro no cal se construen e reparan bateas do mexilon.

Continuamos o noso percorrido pala illa da insúa, a cal se situa entre as prais de Mañons e da ladeira de Triñans.

A continuación, dirixímonos a praia de Ancados, a cal conta cunha rampla, e alguns puntos de anclaxe para barcos (mortos).

Lindeira a praia de Ancados, atopamos a praia da Ladeira, a cal, a pesar da sua fermosura, non atrae a moita xente durante o verán, polo que e un lugar perfecto para relaxarse.

Deseguido, abandonamos as praias e diriximonos car as bateas, para así bordear a punta do chazo, donde se atopan as ruinas do que no seu día foi unha gran fabrica e depuradora.

Pasada a punta do chazo, chegamos a praia da Retorta, un lugar moi coñecido, e bastante frecuentado por turistas no verán, para desfrutar dun baño, nas súas frías augas.

Lindeira a Praia da Retorta atopámonos coa praia de Carregueiros, a cal e unha das mais frecuentadas durante o verán, xa que, non tes que andar grandes distancias para nadar, ainda que a merea se atope baixa.

E por último chegamos ao porto de Cabo da Cruz, un lugar de amarre para a maioría dos barcos bateiros e planeadoras da zona.

© 2023 by Name of Site. Proudly created with Wix.com

bottom of page